A Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo tivo que intervir, durante o día de onte, en seis accidentes de circulación ocorridos no centro urbano. O primeiro, tivo lugar ás 6:00 horas, na Ronda da Muralla nas inmediacións da Porta de San Pedro, despois de que un turismo se saíse da vía e impactase contra os valos salva-peóns. A condutora, que foi sometida a un control de alcolemia no que deu negativo, non acusou danos persoais.
A continuación, ás 08:50 horas, dous vehículos víronse implicados nun sinistro, con danos materiais na Avenida das Américas; ás 13:14 horas produciuse tamén outro accidente na Avenida da Coruña con Camiño de Pipín, así como ás 15:40 horas na rúa do Trebo, ás 16:03 horas na Praza de Viana do Castelo e ás 19:13 horas na Avenida da Coruña con Monte Faro, todos en similares circunstancias resultando os dous vehículos que colidiron afectados por danos materiais unicamente.
Dec 10, 2019 - 02:12 PM
E logo para que están. Si esto é noticia!!!!!!