Hoxe presentouse a XII edición de Lugo Máxico, a Semana Internacional de Maxia de Lugo, que un ano máis trae á cidade a máis de 40 actuacións e 20 magos diferentes.
Desta maneira, Lugo, converterase na capital galega da maxia entre o 3 e o 9 de maio onde se darán cita magos chegados de diferentes partes do mundo e que farán numerosos espectáculos en diferentes espazos da cidade. Así, unha das novidades será as actuacións diarias á partir das 19 horas no Mercado Municipal da rúa Quiroga Ballesteros e aberto a todos os públicos.
Lugomáxico 2015 enche a cidade de ilusión durante unha semana levando a maxia a todos os rincóns da cidade, prazas, ociotecas, escolas infantís, centros sociais, hospitais, Ponte Romana, Auditorio e o Mercado Municipal serán escenarios desta edición, na que destacan 3 grandes galas como destacou o Mago Rafa.
Ademais este ano tamén haberá maxia para escolares de luns a xoves ás 11.00 horas no Auditorio Gustavo Freire para os colexios que teñan reservado.
Galas no Auditorio
A XII Semana Internacional de Maxia de Lugo, arrincará o próximo 3 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, cunha Gala Inaugural a cargo do mago Jorge Blass, o televisivo mago español que presentará un espectáculo familiar titulado El Arte de la Magia. Será ás 18:00 horas e terá un prezo de 8 ou 10 euros dependendo da zona.
O venres 8 de maio a partir das 21 horas comeza a Gala de Maxia de Preto Homenaxe a René Lavand. Nesta novedosa gala contará con tres dos mellores magos do mundo na especialidade: Dani Daortiz, considerado sucesor de Juan Tamariz, Miguel Angel Gea, un dos mellores magos con moedas e Christiam Enbglom, dende Finlandia. A entrada terá un prezo de 8 ou 10 euros dependendo da zona.
Finalmente, o sábado 9 de maio, terá lugar a Gran Gala Internacional Lugomáxico 2015 ás 21:00 horas. Unha vez máis unha gala espectacular cunha selección dos mellores magos do mundo chegados de diferentes partes do planeta para amosarnos a mellor maxia que se pode ver nestes momentos. Participarán os magos Morrison El Magnifico, Dobre Mandoble, Hector Mancha, Juan Maioral, One Gun e Yunke. O prezo das entradas será de 12 ou 10 euros dependendo da zona pero en todos os casos poderanse mercar a través da web www.lugomaxico.es .
PROGRAMA LUGOMAXICO 2015 XII SEMANA INTERNACIONAL DE MAGIA EN LUGO
DOMINGO 3 DE MAIO
18:00 GALA INAUGURAL LUGOMAXICO 2015 JORGE BLASS PRESENTA “EL ARTE DE LA MAGIA”
LUNS 4 DE MAIO
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL A PIRINGALLA. CARLOS ADRIANO
11:00 GALA DE MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) RAFA, TETO, LAMAS, SASHA, NACHO
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE
18:00 MAXIA DE RÚA EN AUGAS FÉRREAS MAG MALASTRUC
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL RIVERSSON
21:00 MAXIA NO MESÓN DO FORNO MAD MARTIN
MARTES 5 DE MAIO
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL SERRA DE OUTES CARLOS ADRIANO
11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) MALASTRUC, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA
12:00 MAXIA NO CENTRO ALUME MANUEL LAMAS, JEAN PHILIPPE
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CHAN-TUN
17:30 OCIOTECA DA MILAGROSA (PARQUE DA MILAGROSA, NAVE DE VÍAS E OBRAS) CARLOS ADRIANO JEAN PHILIPPE
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DA MILAGROSA MAG MALASTRUC
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CHAN TUN
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL NACHO DIAGO
21:00 MAXIA NO MESÓN DO FORNO RIVERSSON
MÉRCORES 6 DE MAIO
10:30 ESCOLA INFANTIL GREGORIO SANZ CARLOS ADRIANO
11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) JEAN PHILIPPE, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA
12:00 MAXIA NO HULA (HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI PLANTA PEDIATRÍA) MANUEL LAMAS E CHAN TUN
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR MAG MALASTRUC
17:30 OCIOTECA DO CENTRO DE CONVIVENCIA MARUJA MALLO NACHO DIAGO RIVERSSON
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DO CASTIÑEIRO CHAN TUN
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR MAG MALASTRUC
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL SASHA
21:00 MAXIA NA PONTE ROMANA JEAN PHILIPPE Y CARLOS ADRIANO
XOVES 7 DE MAIO
10:30 ESCOLA INFANTIL SAN FIZ CARLOS ADRIANO
11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) MAD MARTIN, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE
17:30 MAXIA EN ADACE MANUEL LAMAS E NACHO DIAGO
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CARLOS ADRIANO
18:00 MAXIA NO MIHL (MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO) RIVERSSON MAG MALASTRUC
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL MAD MARTIN
21:00 MAXIA NO MESON DO FORNO HÉCTOR MANCHA
VENRES 8 DE MAIO
12:00 HOSPITAL PSIQUIATRICO DE CALDE. JEAN PHILIPPE
12:00 MAXIA NO CENTRO DE DÍA ANTONIO GANDOY. MAD MARTIN
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CARLOS ADRIANO
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR SASHA
21:00 GALA DE MAXIA DE PRETO “RENÉ LAVAND” DANI DAORTIZ, MIGUEL
ANGEL GEA, CHRISTIAN ENBGLOM.
SÁBADO 9 DE MAIO
21:00 GRAN GALA INTERNACIONAL LUGOMÁXICO 2015 CON MORRISON EL MAGINIFICO, DOBLE MANDOBLE, HECTOR MANCHA, JUAN MAYORAL, ONE GUN E YUNKE.