O Concello aproba as bases para a praza de Dirección da Banda de Música

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para o acceso en propiedade á praza de Dirección da Banda de Música Municipal. As bases que aprobadas inclúen os requisitos para optar á praza, o temario, e a tipoloxía das probas á que deberán someterse as persoas aspirantes.

A praza a cubrir é do grupo A1 e as persoas que se presenten deberán acreditar, entre outras, a titulación superior de música na especialidade de dirección de orquestra. As probas constarán dun exercicio teórico e dunha proba práctica na que as persoas aspirantes terán que instrumentar unha obra, facer unha análise completa dunha partitura e dirixir un ensaio da banda con dúas obras musicais. Segundo informou a edil titular da área de cultura, o temario consta de 72 temas e unha vez resolto o proceso selectivo para a cobertura definitiva da praza crearase unha lista de agarda coas persoas que superarán a proba selectiva.

“A concorrencia será por oposición libre e a persoa que acade a praza asumirá a xefatura do servizo da Banda e da Escola Municipal de Música” informou o goberno. A edil de cultura agradeceu expresamente “a implicación da práctica totalidade das integrantes da Banda Municipal durante estes meses para manter vivo un servizo ás veciñas e veciños de Lugo a pesares de todas as dificultades”.

Tamén se aprobou a prorroga do contrato de aluguer das carrozas para a Cabalgata de Reis por un importe de 26.087 euros (21.560 € + IVE). O contrato fora pechado no ano 2018 para cubrrir as Cabalgatas de Reis dos anos 2018 e 2019. A contratación corresponde a 4 carrozas que estáran adornadas con motivos infantiles. Tres das carrozas serán para os Reis Magos e unha para paxes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com