A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a condena de tres anos de cárcere e o abono dunha indemnización de 20.361 euros que a Audiencia Provincial de Lugo lle impuxo a un home que agrediu a outro á saída dun pub de Guitiriz (Vilalba). O imputado, segundo a sentenza, arroxoulle un vaso de cristal á cara durante unha discusión. O TSXG salienta que a valoración da proba testifical “está encomendada a quen presenciou a súa práctica” e, polo tanto, destaca que non pode “alterar esa valoración, salvo que se reputase absurda, que non é o caso”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.