A Xunta mellorará as infraestruturas de escolas municipais de oito concellos da provincia

A Consellería de Política Social destina 142.000 euros a financiar a mellora de infraestruturas e equipamentos de escolas infantís de 0 a 3 anos e puntos de atención á infancia (PAIs) municipais de oito concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais para a adecuación dos centros da súa titularidade a través da realización de obras menores e da compra de equipamento. Na provincia de Lugo, concedéronse achegas para os PAIs de Trabada, Baralla, Guitiriz, O Vicedo, Lourenzá e O Corgo e ás escolas infantís municipais ‘O Bítere’ (Barreiros) e ‘María Wonenburger’, ‘Luis Soto’, ‘Serra de Outes’ e ‘Gregorio Sanz’ da cidade de Lugo.

Cada entidade local pode recibir unha axuda máxima de 35.000 euros: 20.000 para obras de adecuación, mellora e accesibilidade da escola; e 15.000 euros para a compra de equipamento e de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

O delegado territorial salientou a importancia destas melloras para contribuír a que os centros de 0 a 3 anos conten con infraestruturas e medios axeitados ás necesidades e competencias dos nenos e nenas destas idades. Esta convocatoria de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 12, 2019 - 09:39 PM

    E serán suficientes eses cartos??????

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com