A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, portavoz popular na Deputación, visitou as novas instalacións de Aspnais no antigo hospital San José, acompañada polo presidente da entidade, Xosé Reigosa; a directora xerente da mesma, Mónica Seijas, e a directora de servizos xerais, Carmen López.
Os responsables de Aspnais mostraron as instalacións á presidenta provincial do PP. A posta en servizo da nova sede da asociación está prevista para os primeiros meses do próximo ano, según indicou Xosé Reigosa. A reforma e ampliación do antigo hospital tivo un custo de 3,5 millóns de euros. As obras están rematadas. Aspnais terá, a partir da inauguración, todos os seus servizos ubicados no antigo hospital, incluídos os talleres ocupacionais. Coas novas dependencias, a asociación disporá de 85 prazas na súa residencia (ata agora, 40). En total, entre o centro de día, o centro ocupacional e a residencia, Aspnais dispón de máis de 280 prazas.
Candia explicou que para o PP as políticas sociais son un dos principais sinais de identidade. A presidenta provincial do PP ofreceu colaboración aos responsables de Aspnais en todos aqueles aspectos nos que lles poida resultar útil. Destacou a gran relevancia social do traballo que leva a cabo Aspnais desde a súa creación e a importancia que terá a posta en servizo das súas novas instalacións.
Dec 13, 2019 - 10:04 PM
Sen comentarios…….
.