O Concello aprobou o pasado venres, a contratación de diferentes actuacións para a mellora de instalacións deportivas municipais, cun importe que supera os 45.000 euros.
As obras, que teñen por obxecto poñer a punto diversas instalacións deportivas aproveitando a chegada do bo tempo, levaranse a cabo ao abeiro dun convenio de colaboarción entre o Concello e a Deputación provincial, que ten un presuposto total de 120.000 euros.
Autorizouse a contratación das obras dos accesos aos vestiarios do campo de beisbol do Ceao, os traballos para o aillamento térmico proxectado na escaleira da piscina climatizada de Frigsa, o aillamento térmico-acustico na antiga vivenda de conserxe no pavillón municipal, unha instalación complementaria do sistema de rego nas pistas de Gregorio Pérez Rivera e a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da reposición total do valado da pista de hockei no polideportivo da Piringalla.
Sonia Méndez: