O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, agarda que a alcaldesa “rectifique” na súa intención de impoñer “un novo bloqueo” a unha iniciativa do Goberno Autonómico para a cidade, neste caso, tras rexeitar a ambiciosa proposta promovida pola Xunta para converter a Lugo en referente de turismo cultural.
Balseiro agarda que cando a próxima semana a rexedora reúnase co conselleiro de Cultura e Turismo poida producirse un cambio de opinión, unha vez que estude polo miúdo a solidez do proxecto presentado pola Xunta e as vantaxes que ofrece para os lucenses –avaladas por un estudo técnico rigoroso e serio-.
O delegado tamén defende que a iniciativa do Goberno galego merece canto menos unha lectura máis sosegada, en vez desta resposta “precipitada, automática e irreflexiva”. “Pretenden permanecer inmutables e aferrarse ao proxecto do Concello, pero as circunstancias mudaron e as necesidades da cidade non son as mesmas que hai dez anos”, afirma.
Balseiro insiste en que “chegou o momento de deixar o regate curto o ter altura de miras” á vez que lembra que xa foi posible chegar a un acordo positivo para a cidade noutras ocasións, como aconteceu no caso do rocódromo, financiado por Xunta, Deputación e Concello.
O proxecto integral promovido polo Goberno galego inclúe a rehabilitación de bens senlleiros como o Cuartel de San Fernando, o Pazo Doña Urraca ou a Casa-Torre para dotalos de novos usos. Ademais prevé a dinamización económica da cidade, cun Parador-Museo que xeraría emprego e un impacto estimado no primeiro ano de 1,6 millóns de euros.
De xeito complementario, a Xunta aposta pola creación dunha proposta museográfica que porá en valor o legado da romanización a través da xestión integrada de varios centros que na actualidade están infrautilizados. E que sumará, ademais, aos artistas modernistas, coa creación da primeira sede do Centro Galego de Artes Contemporánea fóra da cidade de Santiago.
O delegado pide que antes de pecharse a estudar todas estas propostas da Xunta a alcaldesa pulse a opinión da rúa pois, “o debate existe e neste momento o apoio ao parador-museo é moi maioritario entre a veciñanza, como acreditan distintas sondaxes de opinión que vemos nos medios de comunicación”.
Dec 14, 2019 - 07:39 PM
Un parador de turismo lo mejor para Lugo
Dec 14, 2019 - 07:41 PM
Antonio Fernandez. É unha boa opción, dentro das que pode haber
Dec 13, 2019 - 10:01 PM
Vostede di que alcaldesa. A alcandesa di que vds. Poñan se de acordo, que como mínimo e o que merecemos os Lucenses. É deixen e de facer política de partido, todos