O PP pregunta a Tomé se cumprirá os compromisos adquiridos pola Deputación para rehabilitar a Casona do Incio

O Partido Popular quere que o goberno provincial aclare que pretende facer coa chamada Casona do Incio, da que  dende o ano 2007 é titular a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A (SUPLUSA). Os populares presentarán varias preguntas na próxima sesión plenaria, para coñecer, por un lado, que ten previsto facer o equipo que dirixe o socialista Xosé Tomé con respecto ao citado inmoble. Os deputados provinciais do PP esperan obter resposta tamén á pregunta de se o goberno da Deputación respectará o compromiso recollido no orzamento de 2019 para a recuperación da Casona do Incio.

Esta é unha cuestión que segue sen resolver, pese a que xa vén de vello. No pasado mandato (2015-2019), a Deputación adquiriu compromisos para a recuperación deste edificio e do seu entorno. Eses compromisos seguen sen executar a día de hoxe. Pero, a maiores, na sesión plenaria celebrada pola corporación provincial o 26 de maio de 2018 adoptouse un acordo para a rehabilitación integral deste significativo edificio do Incio. Precisamente, no orzamento da Deputación correspondente ao exercicio que está próximo a rematar incluíronse 200.000 euros para a rehabilitación; é máis, nos dous últimos anos figuraron partidas para o mesmo fin no orzamento de Suplusa.

Os deputados do PP agardan que o goberno provincial dea respostas claras ás preguntas que lle expoñen. Os lucenses, e sinaladamente os veciños do Incio, teñen dereito a coñecer que proxecta o goberno da Deputación para A Casona, e, máis importante aínda, queren que as obras de rehabilitación se executen canto antes.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 15, 2019 - 12:01 PM

    Xa veremos? Uns pregunta, outros non din nada. É a casa caendo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com