A asociación Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano baixo o título Escoitando o mar. Así, o vindeiro venres, día 20 de decembro, comezarán as xornadas coa conferencia Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima que corre a cargo do secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, exdirector do CEIP Noia.
O 26 de decembro, Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre Mitos do mar: o alén dos barqueiros e, ao día seguinte, a conferencia A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva do profesor da Universidade da Coruña, José Manuel Vázquez Lijó, pechará estas xornadas que terán lugar no Museo do Mar de San Cibrao e que contan coa colaboración da rede Museística Provincia e a área de cultura da Deputación.