A área de Benestar convida á cidadanía lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello para celebrar, o próximo xoves 19, o Día das Persoas Maiores.
Unha xornada que comezará ás 11:30h da maña no Vello Cárcere con visitas guiadas cun aforo limitado a 140 persoas. De 12:30 a 13:15 horas, o Mago Rafa realizará un espectáculo de maxia na mesma ubicación e como colofón final á xornada de mañá actuará a Coral Xeada.
Despois, ás 14:00h terá lugar o xantar de Nadal no soto da Praza de Abastos, e a partires das 16:00 horas darán comezo as actividades previstas para a xornada de tarde, coas actuacións de grupos musicais diversos, o grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música e o espectáculo de narración oral e humor de Lois Pérez.
Olga Lopez lembra que o prazo de inscrición ao xantar será ata mañá, martes 17 de decembro, ás 12:00 horas, a través das animadoras/es socioculturais nos diferentes Centros de Convivencia para os residentes en Lugo. E os veciños e veciñas do rural poderán realizar a mesma a través dos pedáneos así como apuntarse ao autobús habilitado polo Concello. Para o resto de actividades, as persoas interesadas teñen de prazo para anotarse ata o mércores, 18.
Dec 16, 2019 - 11:59 PM
Non tedes moitas ganas de lerea, nin que a xente coñeza estas iniciativas que tan ben sabedes vender nos medios. Pois 140 persoas para osactos de mañá, non son nada ou se fai para todo o mundo ou e mellor que os deixedes de caralladas, xa non comulga os con rodas de muíño……………. Par os pode ser inveciles non!!!!