O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, mantivo hoxe no Congreso unha xuntanza co Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao e reclamou unha solución e un futuro para a industria do noso país.
“Acabamos de reunirnos co Comité de Empresa de Alcoa, que veñen dunha comarca que depende do centro de traballo que da emprego a centos de persoas, de forma directa e indirecta”, sinalou Gómez-Reino, incidindo en que “é fundamental que se manteña na comarca da Mariña, en Lugo”.
O deputado explicou, ademáis, que en Galicia “levamos un tempo sufrindo un proceso de desindustrialización severa» que «debe reverterse”. “Para nós é fundamental que haxa un Goberno neste país que se crea no sector industrial e que defenda os sectores estratéxicos”, incidiu.
Gómez-Reino sinalou que non é a primeira vez que mantemos unha xuntanza cos traballadores/as de Alcoa, e trasladamos as súas demandas mediante iniciativas ao Congreso. “Temos industrias competitivas nesta materia que non poden desenvolver o seu traballo polo prezo da enerxía. Todos os países do noso entorno teñen regulado o prezo da enerxía electrointensiva. No noso país esa situación non se da. Ten que haber un Goberno que dunha vez por todas solvente o prezo da enerxía electrointensiva e que garanta que unha industria como a de Alcoa poda continuar co seu traballo”, sinalou.
Dec 18, 2019 - 07:40 PM
Outro que vai torear a San Cibrao. É leva algunha proposta, para arranxar o problema?