Na súa aposta polo cinema galego de calidade, os Codex presentan hoxe un pase único dun filme moi especial. O vigués David Hernández presentará esta tarde, a partires das 20.45 horas, a súa cinta La felicidad de los perros, un traballo de puro cinema independente que non obtivo ningún tipo de apoio institucional o subvención.
Hernández conta a historia de César e Sara, pais de familia que levan tempo sobrevivindo do traballo de peluqueira de Sara; unha vida rutinaria que remata cun cambio no interior de César.
Noutro senso, os Codex traen para este Nadal programación especial para os máis pequenos da casa con pases especiais dunha das obras mestras do Studio Ghibli, e obra de culto infantil do director Hayao Miyazaki, La princesa Mononoke. Estes pases especiais darán comezo mañá ás 18.00 horas.