A Xunta ofrece oito cursos para desempregados nas Mercedes e o Politécnico

A Xunta de Galicia programará durante o vindeiro ano oito accións formativas para traballadores desempregados nas instalacións de dous institutos da cidade de Lugo: o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes  e no Politécnico, ás que destina 390.600 euros de investimento.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estes cursos veñen a completar a ampla oferta formativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria para mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan inscritas no paro, que inclúe accións en centros propios, o financiamento da programación AFD -promovida por empresas, concellos e outras entidades- e o uso de instalacións educativas en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Balseiro sinalou que deste modo optimízanse os recursos públicos, dado que ambos centros reúnen os requisitos para impartir formación profesional para o emprego sen que esta afecte ao desenvolvemento da actividade lectiva habitual.

En concreto, no CIFP das Mercedes impartiranse os seguintes cursos: operacións básicas na montaxe e no mantemento de instalacións de enerxías renovables, montaxe de estruturas e instalación de sistemas e equipamentos de aeronaves, soldadura con eléctrodo revestido e TIG, montaxe e mantemento de instalacións caloríficas e mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos.

Polo que respecta ao instituto Politécnico de Lugo, as accións formativas a desenvolver son as de montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos, mecanizado por arranque de labra e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

As persoas interesadas en participar nestes cursos poden recibir máis información e inscribirse nos mesmos a través da ampla rede de oficinas de emprego que a Xunta ten na provincia.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Antonio Fernandez
    Dec 19, 2019 - 07:25 PM

    Que importan los cursos si después no hay trabajo para ellos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com