Un incendio arrasou por completo unha palleira no concello de Ribadeo. Ningunha persoa resultou ferida, iso si arderon diversos aveños e un vehículo que se gardaban no seu interior.
Todo comezou ás 01:30 horas da madrugada, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda por mor dun alpendre que estaba arder no lugar de Reme de Arriba. Así, desde o 112 Galicia, informouse aos axentes da Garda Civil, os voluntarios de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Barreiros para atallar as lapas do galpón.
Rematadas as tarefas de extinción, os bombeiros comunicaban ao 112 Galicia que, finalmente, ardera por completo o interior do alpendre xunto con diversos apeiros e un vehículo que se atopaban no interior.