Cs insta ao Concello a sacar a contratación o servizo de recollida de lixo

O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vida,l instou esta mañá ao Goberno local a sacar urxentemente a contratación o servizo de recollida de lixo caducado desde o 31 de marzo de 2017 e que desde entón funciona en precario. “O servizo de recollida de lixo non se adapta á realidade do noso municipio en pleno século XXI. Trátase dun servizo adaptado á realidade de 1996, cando se rubricou o contrato con Urbaser. O Concello debe actuar coa máxima urxencia neste tema. De non ser así os problemas no servizo sucederanse un tras outro e sufrirémolos todos os lucenses”, apuntou o edil da formación laranxa.

“Trátase do contrato de maior importe de todos cantos ten o Concello, supoñen un custo para as arcas públicas de 7,2 millóns de euros anuais. Non podemos continuar cun servizo caducado desde fai máis de dous anos e medio”, sinalou Vidal. “A crise sobre a xestión do vidro que viviu a cidade ao longo das últimas semanas é a manifestación máis evidente de que o servizo de recollida de lixo en Lugo é un auténtico despropósito. Contar cun contrato caducado desde fai anos é unha das principais causas. O desinterese mostrado nos últimos anos polo partido socialista sobre este asunto trae como consecuencia que teñamos un servizo mal dimensioado”, proseguiu.

Deste xeito, Lugo padece a falta de puntos de recollida de lixo e a falta de contedores nos puntos existentes. Ademais, segundo denunciou o edil da formación laranxa, o Goberno local “amosa un desinterese total pola reciclaxe”. Cidadáns denuncia que a presenza de contedores de recollida de pilas e de aceite no noso municipio é prácticamente inexistente; o mesmo que cos contedores de roupa. “Non se preocupan en absoluto pola innovación e o traballo en defensa do nos medio ambiente, levamos tempo reclamando o quinto contedor, o contedor marrón destinado aos residuos orgánicos para compostaxe”. “Álvaro Santos recibiu unha herdanza envelenada que non está sabendo xestionar. É necesario contar cun novo contrato urxentemente para que se recollan estes aspectos e así mellorar a calidade do servizo que a día de hoxe é deficiente”, concluíu.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 19, 2019 - 11:04 PM

    Presa non aí. Deste xeito levan máis cartos de todos os lucenses

    Reply
  2. Germán Bouso
    Dec 19, 2019 - 07:16 PM

    @CsLugo_ Ben tirada a foto. Xusto diante da sede do PSOE

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com