Dende o pasado 7 de decembro, os lucenses estiveron vendo a Papá Noel polas rúas do Casco Histórico. Un Papá Noel que ninguén sabía de onde salira, sen publicidade e sen estar vinculado a ningún negocio en concreto. Hoxe, a asociación Lugo Monumental, confirmou que este personaxe natalicio era unha actividad deste colectivo para dinamizar o centro da cidade.
“Non quixemos publicitalo porque nos parecía que a maxia do personaxe requería que fose o máis anónimo posible, e desexábamos que os seus caramelos, os xogos e a diversión simplemente se relacionen coa zona e coa data”, explican dende a asociación.
Asemade, Lugo Monumental repartiu entre os 103 locais asociados, buzóns para que os máis pequenos da casa podan depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos. O deseño do buzón fan que sexa válido para ambas datas (por un lado está a parte dedicada a Nadal e polo outro á noite de Reis).
A terceira acción de Lugo Monumental nestas datas e a publicación de vídeos promocionais do comercio tradicional. O casco histórico da cidade é o protagonista destas tres curtas que farán fincapé na importancia do comercio e os servizos que a cidade pode ofrecer aos veciños da nosa cidade.
Dec 20, 2019 - 01:41 PM
Osea , un tío al que le pagan una miseria por disfrazarse con unos ropajes que si pudiera quemaría , dinamiza el centro de una ciudad. En fin, confundir el ocio ciudadano con los ociosos de determinado colectivo que no saben qué hacer, solo es aplaudible entre ellos mismos.
Dec 20, 2019 - 01:36 PM
Apalpador non producto de Coca-Cola