Lugo acollerá por primeira vez a usuarios do programa Xuntos polo Nadal no LugII

A Consellería de Política Social incrementa en 35 prazas o programa Xuntos polo Nadal que ofrece compañía ás persoas maiores que viven soas. En total esta iniciativa ofrece aloxamento, comida e actividades a un total de 295 persoas de toda Galicia que se repartirán entre os centros de Panxón, con 130 usuarios; O Carballiño, con 115; e por primeiro ano, o Lug II da capital lucense, que acolle a 50 persoas.

Durante o desenvolvemento desta iniciativa, que dará comezo mañá e se prolongará ata o 7 de xaneiro, as persoas maiores poderán realizar distintas actividades como manualidades, probas de memoria, cine e teatro ou visitas polo entorno. Ademais, tamén terán tempo para facer exercicio e compartir experiencias e momentos xunto con outros usuarios.

Este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos. De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 22, 2019 - 09:55 PM

    E unha remendada, mal feita

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com