Os hostaleiros da provincia aumentan os seus horarios de apertura durante as datas festivas

A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma as noites do martes 24 de decembro ao mércores 25, do venres 27 ao sábado 28 e do sábado 28 ao domingo 29 de decembro, con motivo da celebración das festas de Nadal.

Agás para o concello de Friol que non informou favorablemente a esta solicitude. Queda pendente a resolución de horario para Fin de Ano e Reis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com