A provincia estrenou este ano preto de 40 km de estradas rehabilitadas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acondicionou este ano 39,7 quilómetros nas principais estradas de conexión de Baleira, a LU-750 e a LU-710, nas que investiu 286.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos incluíron a rehabilitación integral da travesía do Cádavo da LU-750, coa execución dunha nova capa de rodaxe e o repintado da sinalización horizontal en case 400 metros de lonxitude. Balseiro subliñou que esta actuación achega maior seguridade para o tráfico a para os veciños e veciñas que cruzan a vía a diario.

A intervención nesta estrada esténdese aos 23,8 quilómetros que unen O Cádavo con Pol e con Meira, nos que se investiron 164.000 euros. Os traballos, que están a piques de rematar, consistiron na realización de fresados localizados nos treitos deteriorados e reposición con mestura bituminosa a carril completo.

As obras na LU-710 están completamente rematadas. Nesta vía, que enlaza O Cádavo con Baralla e a autovía A-6, executáronse tamén melloras localizadas do firme, cun investimento de 122.000 euros.

En conxunto, o proxecto supuxo o acondicionamento de ambas estradas, que vertebran as conexións da Montaña e atravesan catro concellos. Así, o investimento principal realizouse en Baleira, onde se arranxaron 17,6 quilómetros, cun orzamento de 126.772 euros. Pero tamén se actuou sobre 9,9 quilómetros de Baralla, cun orzamento de 75.378 euros; 9,8 quilómetros de Pol, cun orzamento de 67.840 euros; e 2,4 quilómetros de Meira cun orzamento de 16.500 euros.

Balseiro destacou o esforzo realizado pola Consellería, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, para manter en óptimo estado as estradas da rede autonómica e garantir “unhas boas comunicacións que contribúan ao desenvolvemento económico e social do rural lucense”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com