Os Reis Magos visitan Lugo o 5 de xaneiro cun amplo dispositivo de seguridade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocaba e presidía esta mañá unha Mesa Técnica de Seguridade para planificar o dispositivo co que se desenvolverá a Cabalgata dos Reis Magos, o próximo domingo, 5 de xaneiro.

O itinerario, que parte ás 18:00 horas do Parque da Milagrosa, seguirá o traxecto habitual que discorre pola rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Porta de San Fernando, Praza de Ferrol, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros ata chegar á praza de Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior, onde finalizará segundo as previsións, sobre ás 19:30 horas.

A institución local deseñou esta mañá o operativo de seguridade que acompañará ás Maxestades de Oriente na súa visita a Lugo. Así, durante o percorrido 16 axentes da Policía Local escoltarán a Melchor, Gaspar e Baltasar e unha dotación de bombeiros, cunha autobomba, pechará a comitiva na que tamén participan 14 efectivos de Protección Civil así como unha ambulancia e cinco sanitarios e técnicos de transporte de Cruz Vermella que acudirá provista, entre outros recursos, dun desfibrilador.

Do mesmo xeito, dende Medio Ambiente mobilizaranse operarios de diferentes servizos municipais que se encargarán da limpeza da calzada e da retirada das xardineiras e doutros elementos do mobiliario urbano que poidan dificultar o paso da Cabalgata, ademais de contar con condutores e vehículos do Parque Móbil local e co persoal da área de Cultura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com