O Concello de Lugo, atendendo ao compromiso adquirido pola rexedora, Lara Méndez, coa Plataforma Cidadá na Defensa da Rehabilitación do Cuartel de San Fernando, está organizando unas xornadas de debate, análise e conferencias sobre a posta en valor do patrimonio galaico romano na que participarán xestores culturais e patrimoniais, arqueólogos e expertos nacionais e internacionais.
“O obxectivo é dar a coñecer de primeira man o traballo e as experiencias que se desenvolven noutras cidades, administracións e institucións para coidar e dinamizar o potencial do seu patrimonio desde un punto de vista museográfico, arqueolóxico, turístico e económico”, sostivo a alcaldesa.
As xornadas, de carácter divulgativo e que se desenvolverán en primaveira, se están organizando da man do historiador Adolfo de Abel Vilela e do arqueólogo municipal, Enrique González Fernández.
A rexedora avanzou que “o Museo da Romanización de Galicia que o Goberno local e a sociedade lucense defenden para o Cuartel de San Fernando debe ser un elemento dinamizador para a nosa cidade como outras instalacións semellantes o está a ser xa noutras cidades de España e de fóra do noso país”.
“Lugo – engade Lara Méndez – ten unha oportunidade única de aproveitar todo o seu potencial histórico e patrimonial para converterse nun referente do noroeste español, e debemos saber aproveitala. Iso pasa por recuperar o Cuartel de San Fernando, que se encontra en pleno corazón da urbe romana, como o gran Museo da Romanización”.
Dec 28, 2019 - 02:48 AM
Para que. Se da súa postura non ahí quen a apee