Morre un home tras ser rescatado da auga nunha praia de Cervo

Unha persoa faleceu despois de ser avistada en apuros no mar, concretamente, na praia do Torno, fronte a praza dos Campos. A persoa, tras ser localizada, foi rescatada polo helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, que a aproximou ata a praia  onde os servizos sanitarios a agardaban pero que, finalmente, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Todo aconteceu sobre as 06:00 horas de hoxe, foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dunha persoa en apuros na auga e que, nese momento, a perdera de vista.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron en alerta ao persoal do Servizo Sanitario de Urxencias de Galicia-061, así como ao persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Cervo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com