A Deputación dará comezo ás actividades de Terras do Miño o xoves

A programación de actividades de educación ambiental correspondentes ao primeiro trimestre do ano que organizou a Deputación de Lugo para poñer en valor a Reserva da Biosfera Terras do Miño arrancará o día 2 de xaneiro cun obradoiro de Nadal infantil que se prolongará ata o día 4. 

Este obradoiro está dirixido para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. En horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, desenvolveranse actividades que promoven a reciclaxe e o coidado do medio. Estarán vencelladas cos Reis Magos, de xeito que os participantes farán coroas reais, escribiranlle as cartas ás súas Maxestades, elaborarán centros de mesa para o día de Reis, entre outras manualidades, que se realizarán con material reciclado. 

Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas interesadas en participar deben reservar a súa praza en inscricions.deputacionlugo.org/  ou na páxina web www.deputacionlugo.gal 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com