Os socialistas reclaman á xunta dotar ao HULA dun servicio de garda de neurociruxía

O Grupro Provincial Socialista da Deputación de Lugo defenderá unha moción, na veindeira sesión ordinaria o día 31, coa que reclama á Xunta de Galicia dotar ao Hula dun servizo da garda de Neurocirurxía de 24 horas. Nesta mesma proposta tamén solicitarán que se cree unha unidade de ictus neste hospital, e ao mesmo tempo que se tomen as medidas oportunas para desenvolver por completo o programa Código Ictus no conxunto do territorio galego.

Na iniciativa rexistrada explican que “nesta última década de goberno do Partido Popular, tanto Galicia como a provincia de Lugo sufriron as consecuencias das malas políticas sanitarias desenvolvidas pola Xunta. Nun claro desprezo cara os servizos públicos asistimos a exemplos extremos de precarización, con persoal sanitario que chega a firmar máis de 200 microcontratos ao ano”.

Os socialistas argumentan que “estas malas políticas afectaron tamén aos grandes hospitais, nos que nesta década tívose converteuse en costume o colapso dos servizos de urxencias, debido á mala planificación do sistema. No que fai referencia ao principal centro hospitalario de Lugo, a década puxo de

800 casos anualmente en Lugo

Segundo os socialistas, “os estudos médicos teñen mostrado que as unidades de ictus melloran as cifras de mortalidade, melloran o proceso de recuperación e diminúen a dependencia dos e das pacientes. É, ademais, unha medida custo-efectiva, xa que diminúe o tempo de estancia media dos/as doentes.

 Compre recordar, reflexionan os socilaistas, “que na provincia de Lugo sofren anualmente un ictus unhas 800 persoas, dos máis de 100.000 casos que se rexistran en España. O ictus é aprimeira causa de morte nas mulleres, e primeira causa de incapacidade en adultos, e estímase que aínda que a súa mortalidade vaise reducindo, a súa incidencia aumentará nun 27% no próximo cuarto de século”.

 

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com