Un operario foi trasladado por un equipo médico despois de precipitarse do tellado no que traballaba. O accidente sucedeu no lugar de Mundín, na localidade de Carballedo. O 112 Galicia tivo constancia do acontecido, ás 14:30 horas da tarde de onte, a través da chamada de alerta dun particular que solicitaba asistencia sanitaria para un home que resultara ferido tras caer dun tellado ao que lle estaba a limpar os canalóns.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido ás lesións do traballador, mobilizaron ao helicóptero medicalizado ata o punto, ademais dunha ambulancia con persoal sanitario.
Tamén foron informados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade.
Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que o ferido foi evacuado na ambulancia acompañado polo persoal facultativo ata o Hospital Clínico Universitario de Ourense.