O CD Lugo presenta a Campaña de Abonados para a segunda volta

Coa chegada do novo ano e o comezo do tramo definitivo de LaLigaSmartBank, o Club Deportivo Lugo dá comezo á Campaña de Abonados para a 2a volta da tempada 2019-2020 e faio baixo o lema: #Resistiremos.

O Club albivermello tomou como referencia a capacidade dos lucenses (mostrada en numerosas ocasións ao longo da historia) para, con moito traballo, sobrepoñerse a situacións complicadas e saír adiante. Coa evolución do #Resistirei de principios de tempada, ao #Resistiremos ponse de manifesto que o reto de LaLiga SmartBank é algo que debemos encarar todos da man: Club, Afeccionados e Equipo.

Os abonos poderán adquirirse a partir do luns 30 de decembro nas oficinas do Estadio Anxo Carro (de Luns a Venres de 9:30 a 13:45 e de 16:30 a 20:00) e na Tenda Oficial CDLU Store da Praza de Bretaña 22 (de Luns a Venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00). Tamén se poderán adquirir online desde o 2 de xaneiro na web oficial do Club. Os prezos oscilan entre os 10€ dos sub-14 na bancada de Xeneral 2 aos 130€ dos adultos en Preferencia e Tribuna.

Do mesmo xeito que en anos anteriores o CD Lugo colabora co Banco de Alimentos, demostrando o seu compromiso coa nosa sociedade. Os 100 primeiros menores de 15 anos que acudan ás Oficinas do Estadio Anxo Carro con 4kg de arroz e/ou pasta (é indiferente como os combinen) terán unha bonificación na súa cota.

Entradas #LugoAlmería

Do mesmo xeito, o club informaba esta mañá que entradas para o partido que enfrontará ao CD Lugo e a UD Almería o vindeiro sábado 4 de xaneiro xa están a venda. Ante a proximidade do partido co día de Reis, o CD Lugo quere que os menores de 14 anos (incluidos) accedan de forma gratuita ao Estadio Anxo Carro recollendo a súa invitación (é imprescindible dispor da invitación para poder acceder) nos puntos de venta habituais como son as oficinas do Estadio Anxo Carro (luns 30, xoves 2 e venres 3 de 9:30 a 13:45 e de 16:30 a 20:00; martes 31 de 9:30 a 13:45), a CDLU Store en Praza Bretaña 22 (luns 30, xoves 2 e venres 3 de 10:30 a 13:45 e de 16:30 a 20:00; martes 31 de 9:30 a 13:45) e as taquillas do Estadio Anxo Carro dende dúas horas antes do partido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com