Suplusa e Muebles Hermida centran o último pleno provincial do ano

Como xa se viña anunciando, a crise que está a vivir Muebles Hermida centrou esta mañá o último pleno provincial do ano. Así, á entrada da sesión, os diferentes voceiros dos grupos representados na cámara expresaron as súas principais inquedanzas sobre esta situación da empresa laurentina que pode afectar a moitas das familias da comarca.

O presidente do Executivo, o socialista José Tomé, anunciaba a proposta que o Goberno presentaba a este pleno e que se centraba no apoio aos traballadores. Unha moción que contaba xa co respaldo dos nacionalistas pero á que, ademáis, se uniu o PP coa condición de asinar unha declaración institucional na que se tiveran en conta tanto o apoio aos traballadores e á empresa como a petición de axilidade ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para que abone as cantidades que a fábrica lle debe aos empregados.

Unha proposta conxunta que, como non podía ser doutro xeito, aprobouse por unanimidade.

Suplusa

Outro dos puntos fortes da sesión plenaria deste 31 de decembro foi Suplusa. A primeira hora desta mañá traballadores da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, concentráronse diante das portas do Pazo de San Marcos ante a desinformación do Goberno Provincial sobre o futuro destes empregados agora que a Sociedade está en vías de disolución.

A voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, manifestaba a súa preocupación pola situación dunha vintena de traballadores de SUPLUSA que 2viven coa incerteza do que vaia a pasar dentro de seis meses e reprobaba que “os traballadores tiveran coñecemento a través dos medios de comunicación de que a Deputación os asocia a Tragsa”. Ademais, Candia criticaba o anuncio do Goberno de que pagará o dobre do que está costando o servizo de atención ás zonas verdes que prestaba Suplusa.

Por outra banda, a popular fai fincapé na “incoherencia do BNG” tras ter declarado que “aposta por non xerar discriminación nos casos do Inludes ou a Fundación TIC integrando aos seus traballadores en termos de igualdade; mentres que agora nos atopamos con 20 familias que non saben onde van a estar o 31 de decembro do vindeiro ano cando algúns dos traballadores levan preto de 20 anos vinculados a esta entidade”.

Ante estas declaracións, Tomé deixou claro que os 20 traballadores asociados ao servizo de mantemento das zonas verdes de Suplusa, manterán os seus postos de traballo nas mesmas condicións que viñan gozando ata agora. Unha decisión tomada polo goberno provincial despois de valorar outras tres posibilidades, dúas das cales pasaban por botar aos traballadores e unha terceira por facelos funcionarios, que non era legal.

Ao adquirir unha acción de Tragsa, o Organismo provincial pode utilizar esta empresa privada como medio propio e subrogar así aos empregados adscritos nas mesmas condicións. “Foi unha decisión seria: mantemos os servizos aos Concellos e os postos de traballo”, concluía Tomé.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com