A Deputación abre o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo anunciou que mañá, día 3 de xaneiro, abrirase o prazo para facer reservas nas rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra, que comezarán a funcionar o día 4 de abril, isto é, o sábado anterior á Semana Santa. As persoas interesadas en gozar das rutas polo río Miño ou polo Canón do Sil nesta tempada de 2020 poderán facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar
ou comprar billetes, así como solicitar todo tipo de información.

Pódese facer online as 24 horas en reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas, no teléfono 982.260.196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente na primeira planta, onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos e todas os interesados.

A Deputada de Turismo destacou así mesmo que o número de viaxeiros nas rutas fluviais continúa medrando. Na tempada de 2019 subiu un 5%, co que o número total ascendeu a preto de 62.000 persoas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com