O PP de Triacastela responde ao PSOE e convídao a “preocuparse pola conxelación das pensións”

O Grupo Municipal do PP de Triacastela convida aos socialistas locais a “preocuparse pola conxelación das pensións anunciada por Pedro Sánchez e por cómo esta medida vai afectar aos veciños e veciñas do Concello”. En canto á sanidade, pídenlle ao PSOE que “leve a cabo o MIR extraordinario solicitado polo Goberno galego tras o erro cometido por Sánchez na planificación de profesionais sanitarios desde o punto de vista de médicos de familia e de pediatras”. Así respondían os populares ao grupo socialista da localidade que denunciaba hoxe a falta de asistencia médica durante os días de Fin de Ano e Aninovo.

Desde o Partido Popular recórdanlle ao PSOE que “a Xunta de Feijóo investiu recentemente 70.000 euros en melloras do CEIP Eduardo Cela Vila e que o Concello conta cunha Casa Niño sufragada ao 100% polo Goberno galego, o que repercute en todos os veciños e veciñas que teñen fillos”.

En relación coas críticas vertidas polo voceiro do PSOE lamentan a súa falta de información, posto que os doentes citados para o día 31 no centro de saúde déuselles a posibilidade de ser atendidos en Samos, tras sufrir un incidente o médico substituto, ou modificóuselles a cita para hoxe. “De maneira que ningún doente quedou sen atender”, remarcan.

O Grupo Municipal do PP lamenta que o PSOE trate de confundir e dar información parcial cando o que lle preocupa aos veciños e veciñas de Triacastela son as medidas inxustas que está tomando Pedro Sánchez, como a conxelación das pensións.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Xan 02, 2020 - 08:37 PM

    Otra espabilada más con carguiño pepeteiro , el PSOE y Podemos actualizarán las pensiones tan pronto gobiernen con el 0,90 % de subida , no como los coleguis de esta señora que lo hacían con el 0,25% . Que se preocupen de las pensiones , dice una miembra del partido que vació la caja de las mismas .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com