A Xunta inviste na mellora de tres rúas en Paradela

A Xunta de Galicia inviste 96.800 euros nas obras de mellora que está a executar o Concello de Paradela nas rúas da Escola, Galicia e Cabaleiros de Santiago.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, comprobou hoxe a execución dos traballos acompañado polo alcalde, José Manuel Mato, entre outras persoas. Balseiro apuntou que a Xunta achega máis do 60% do investimento desta actuación, que en total supera os  153.000 euros.

As obras teñen por obxecto transformar e humanizar estas céntricas rúas, nas que están situados importantes servizos como a residencia de persoas maiores, o centro de día, a antiga escola ou a oficina de Correos de Paradela.

Segundo destacou o delegado territorial, o proxecto contribuirá a “crear un entorno urbano máis seguro e cómodo, con beirarrúas máis amplas, espazos verdes acondicionados e a colocación de novo mobiliario urbano”. En total actúase máis de 4.000 metros cadrados de superficie.

Esta actuación enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente para apoiar ás entidades locais na execución de todo tipo de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com