O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, anunciou que no vindeiro Pleno volveran plantexar a renuncia á contratación dun crédito por importe de 2,8 millóns de euros. O asunto foi aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local fóra da orde do día.
Álvarez tamén deu conta da aprobación do proxecto de expropiación dos terreos da Ronda do Carme, que gañaron na Xustiza o dereito a ter a calificación de solo urbán, en contra do que decidira o Concello cando gobernaba o PP.
Outro acordo destacado foi aprobar a caducidade da licenza de obras autorizadas, para construir un edificio na Ronda da Muralla esquina Nicomedes Pastor Díaz, por ter caducado o prazo e a prórroga para a realización das obras.