A Consellería de Política Social inviste 12,9 millóns de euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) a financiar 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda Galicia. No caso das organizacións con sede na cidade de Lugo, son catro as que se benefician de achegas por un valor de 660.000 euros.
En concreto, as organizacións asentadas no municipio lucense que reciben fondos con cargo a esta orde son: Sociedade de San Vicente de Paúl, Aliad-Ultreia, Cáritas Diocesana de Lugo e Asociación Párkinson Lugo.
A través desta orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, Política Social axuda ao desenvolvemento de diferentes programas para satisfacer as necesidades básicas e urxentes de persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, para a atención á infancia, a acollida de persoas migrantes, o coidado e apoio a persoas con discapacidade ou ao fomento do voluntariado, entre outras intervencións.
Ademais, a estas accións hai que engadir as que levan a cabo as distintas federacións e organizacións de ámbito autonómico que teñen implantación en Lugo e a súa contorna. Este é o caso, por exemplo, de Cruz Roja, Down Galicia, Federación de persoas con enfermidades mentais (Feafes), Secretariado Gitano, Federación Autismo Galicia ou a Federación Galega de Alzhéimer (Fagal).