Fabiola García destaca en Lugo que Galicia lidera o apoio ás familias coa gratuidade das escolas infantís para o segundo fillo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, estivo esta mañá en Lugo para explicar ás familias que, a partir do vindeiro 1 de abril, as escolas infantís galegas serán gratuítas para os segundos fillos e sucesivos. Así o anunciou durante a visita á escola infantil da Xunta na cidade lucense, financiada integramente pola Fundación Amancio Ortega, en servizo dende o curso pasado e á que acoden diariamente 80 nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Fabiola García, que estivo acompañada da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que con esta decisión Galicia inicia esta nova década sendo líder nos eidos do apoio ás familias e da conciliación e precisou que a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos implantarase tanto nas escolas públicas da Xunta como nas privadas e de iniciativa social.

Esta medida pioneira e sen precedentes en toda España beneficiará ás familias duns 12.500 nenas e nenos, e suporá un investimento neste 2020 de máis de 14 millóns de euros. Ademais, a conselleira de Política Social sinalou que a partir do vindeiro curso 2020-2021 tamén se achegarán fondos para facilitar que as escolas infantís que dependen dos Concellos poidan introducir a gratuidade para os segundos fillo e sucesivos, sempre que o concello en cuestión estea ao día no pagamento que lle corresponde polos servizos de escolas infantís e centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Fabiola García apuntou que con esta medida Galicia dá un paso fundamental no acceso á educación infantil, e pediu a implicación do Goberno central para que facilite o financiamento que permita estender a medida tamén á primeira filla ou fillo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com