A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) inaugurará hoxe, mércores 22, na súa sede de Lugo a exposición «Mans salgadas», que permanecerá aberta ata o 4 de xullo e poderá ser visitada en horario de luns a sábado de 18.00 a 21.00 h.
Esta mostra, integrada por 60 fotografías, ofrece unha completa panorámica do ciclo da pesca en Galicia, da estrutura do traballo do mar dende a construción dun barco no estaleiro ata a chegada do peixe á lonxa, sempre dende a perspectiva dos profesionais que traballan nos distintos procesos.
A mostra péchase con cinco imaxes dedicadas ao Prestige, centradas nos mariñeiros e os voluntarios que recuperaron a costa tras a catástrofe, que se mostran en Galicia por vez primeira no marco desta exposición.