O PSOE de Castro de Rei demanda un Plan de Conservación de estradas do concello

Os Socialistas de Castro de Rei rexistraron unha moción, que será debatida no vindeiro pleno, coa que reclaman a elaboración dun plan de conservación das estradas dependentes do Concello. Denuncian que existen vías municipais que se atopan en mal estado de conservación, con numerosas fochancas, así como firme en mal estado. Concretamente reclaman o arranxo ou rexeneración das estradas de Ramil, Loentia, Triabá, Bazar e Outeiro.

Na moción remarcan que é necesaria a revisión urxente nas seguintes vias municipais: na parroquia de Ramil que vai dende a Granda ata a parroquia de Torneiros (no concello de Pol), e nesta mesma parroquia a pista que vai dende A Lamela ata a parroquia de Torneiros (concello de Pol): na parroquia de Loentia a que vai dende Lamacurro a Baqueriza; e na parroquia de Triabá que vai dende O Barroso ata O Rego de Bouzas. Os socialistas tamén vén necesario arranxar a pista que vai dende Riba de Miño ata O Cristo de Queizada, na parroquia de Outeiro, así como a que transcorre dende a igrexa de Bazar a Muimenta por Bardián.

“Suxerimos que estas dúas últimas vias sexan incluídas no Plan Único da Deputación para ser arranxadas con aglomerado en quente. E por último na parroquia de Outeiro, a estrada que vai dende A Ramalleira, Ponte dos Carros e Zalarote”, explican.

Os Socialistas de Castro de Rei tamén anunciaron outra iniciativa que defenderán en pleno, para demandar aumento de potencia de luz no centro Xosé Manuel Carballo, xunto coa instalación dun proxector con sensor de movemento. “Neste centro celébranse un bo de número de actividades culturais e sociais, por iso entendemos que son necesarias estas melloras, para poder desenvolver todos os eventos nas mellores condicións”, sinalan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com