A Deputación apoia a actividade da asociación de veciños da Residencia

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, reuniuse onte no Pazo de San Marcos,  coa presidenta da Asociación Cultural de Veciños da Residencia de Lugo (Ascorelu), Cecilia Vázquez García, para asinar un convenio de colaboración da institución provincial con este coletivo para financiar os gastos derivados do aluguer do seu local social.

Este encontro súmase á rolda de contactos que está a manter o Presidente con diferentes representantes de colectivos sociais e municipais da provincia. Nesta liña, José Tomé coñeceu de primeira man as necesidades e demandas de Ascorelu, unha entidade que traballa pola revitalización do barrio lucense da Residencia. Ademais, esta asociación achégalles aos veciños e veciñas do barrio diferentes actividades, como obradoiros de memoria, camiñatas saudables ou ximnasia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com