O Ateneo Galeguista organiza unha táboa redonda polo centenario da revista Nós

A Asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza unha táboa redonda para celebrar o centenario da aparición da revista Nós. O acto terá lugar mañá, venres 17 de xaneiro, ás 18.30 horas no salón de actos da Biblioteca Nodal de Lugo.

Nesta táboa redonda participará o Vicepresidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane; o Presidente da Fundación Vicente Risco, Luís Martínez-Risco Daviña; o Presitende da Fundación Otero Pedrayo, Juan Luis Saco Cid; un membro do Padroado da Fundación Losada Diéguez, Luis González Tosar, e José María Eguileta Franco, Arqueólogo sobre da figura de Florentino López Cuevillas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com