A Deputación destina colabora na mellora de vías en nove núcleos do Corgo

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou co Alcalde do Corgo, Felipe Labrada Reija, no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración da institución provincial co concello por importe de preto de 154.000€, destinados á mellora de vías en nove núcleos da localidade.

Así, este investimento servirá, por unha banda, para mellorar as pistas de acceso aos núcleos de Campelo, Vilapene, Igrexa de San Cristóbal, campo da feira de Gomeán e a explanada do centro escolar. Por outra banda, levarase a cabo o acondicionamento, bacheado e reforzo do firme dos camiños municipais de Adai, Vilaceleiro, Segovia e Lapio.

Este acordo responde á vontade da Deputación de Lugo de impulsar a cooperación cos concellos da provincia de todas as cores políticas para que poidan ofrecer servizos e infraestruturas públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Esta cooperación verase impulsada co Plan Único 2020, que contará cun investimento de algo máis de 20M€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com