O deputado do BNG no parlamento do Estado, Néstor Rego, mantivo hoxe un encontro con veciñas e veciños de Lugo, onde presentou as medidas que o seu partido conseguiu para o acordo de investidura. No encontro estivo acompañado pola parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, e polo Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo.
“Conseguir unha Axenda Galega é o piar dende o que nos centramos, tendo a Galicia como eixo único, para as negociacións no estado”, declarou Néstor Rego, que engadiu “durante esta lexislatura, o traballo do BNG centrarase en conseguir melloras na calidade de vida das galegas e galegos”.
Néstor Rego denunciou a actual situación do transporte en Lugo. “O ferrocarril está chamado a ser un dos medios de transporte que máis crecemento mostren nos vindeiros anos”, declarou o deputado nacionalista nunha visita á estación de tren da cidade.
“A nosa prioridade con Lugo será conseguir investimentos para ter un ferrocarril e unhas conexións viarias dignas“, afirmou Néstor Rego, que lembrou que o ferrocarril “é un elemento de cohesión e vertebración social”. “Lugo precisa que o estado remate as infraestruturas que ten iniciadas”, declarou o deputado BNG.
Xan 23, 2020 - 09:32 PM
Buenooooo, como conseguir conseguir xa se verá, non? (e desa as pontes, Alúmina San ciprian, astano Ferrol, etc etc)