A Xunta trasladará ao alumnado do CEIP Frei Luís de Granada, de Sarria

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pechou hoxe a organización dos espazos da antiga Escola Fogar do CEIP Frei Luis de Granada (Sarria), aos que se trasladará o alumnado mentres se realizan as obras de reforzo dos voladizos do centro.

Segundo o plan establecido, durante o luns e o martes conectarase o sistema de calefacción do colexio ás novas aulas. Co obxectivo de manter a actual estrutura e horarios das clases, procederase tamén a dividir algúns dos espazos mediante tabiques de panel de madeira con illamento acústico.

A previsión é que o vindeiro mércores estean habilitadas as novas aulas para que, finalmente, o profesorado organice o material destinado a impartir as clases. O luns 3 de febreiro a actividade lectiva será xa desenvolvida nos novos espazos.

Co obxectivo de axilizar ao máximo o acondicionamento e traslado é imprescindible a colaboración do equipo docente. Deste xeito, ao longo da semana que vén as familias que o desexen poderán levar os seus fillos e fillas ao centro no horario habitual, onde estarán atendidos polo profesorado do centro, aínda que non haberá actividade lectiva ordinaria.

Cómpre sinalar que este proceso non altera a actividade lectiva do alumnado de Educación Infantil, situado na súa meirande parte nunhas instalacións totalmente independentes das que van acoller as obras de reforzo. Respecto das dúas unidades que si están no edificio no que se vai actuar, trasladaranse este mesmo luns 27 á zona que non presenta danos, polo que non será preciso interromper súa actividade lectiva ordinaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com