O Tenente de Alcalde xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas visitaron as obras iniciadas nos Xardíns de San Roque, onde a Brigada de Obras está a acondicionar o muro que dá á rúa San Roque. “Debemos destacar a labor que realiza a brigada de obras, que permite facer moitas actuacións de baixo custo que permiten mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños”, declarou o titular da área de infraestruturas.
“Nos últimos meses traballamos en recuperar un servizo público que se fora degradando”, indicou o edil, que engadiu “nos últimos meses a brigada pasou de ter 2 a 7 traballadores, e continuamos a traballar en aumentar os recursos para dar un servizo eficaz e de calidade ás veciñas e veciños de Lugo”.
Entre outas actuacións, a brigada repara baldosas, tapas de rexistro e fochancas. Segundo indicaron os ediles, “a maior parte das incidencias chegan ao concello por parte da veciñanza, mediante o teléfono 010”.