Un incendio deixa danos materiais nun almacén en Vilalba

Un almacén situado no baixo dunha vivenda na parroquia de San Lourenzo de Árbol, no concello de Vilalba, resultou afectado por un incendio declarado no seu interior. Por fortuna, ninguén resultou ferido, aínda que o lume afectou o baixo da vivenda e estendeuse ás instalacións superiores.

Un familiar dos moradores do inmoble foi quen, ás 10:30 horas, chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para atallar as lapas. Segundo a información facilitada polo alertante, os propietarios da vivenda atopábanse fóra no momento dos feitos.

Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e de Barreiros, ademais dos membros de Protección Civil de Vilalba.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia traballaron durante cinco horas para sufocar o lume, que alcanzou unha forte carga térmica debido ao tipo de materiais almacenados, isto é, combustibles e outros produtos inflamables. Tras rematar as labores de extinción, os efectivos do operativo confirmaron ao 112 que o inmoble sufriu importantes danos materiais.

Co fin de prestar apoio aos equipos de intervención, os axentes do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, avisouse por precaución aos efectivos da Central de Incendios Forestais da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com