O incendio que afectou onte a un almacén en Vilalba reavivouse esta mañá e afectou a unha oficina do local que ardeu por completo, sen rexistrarse danos persoais.
Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 7:15 horas.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.
Unha vez sufocado o incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da localidade permaneceron no almacén revisando as zonas afectadas.