Seis estudantes de Lugo premiados no XXV Trapero Pardo

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento anunciou ás seis persoas gañadoras do XXV certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo.  “Apoiamos a creación literaria das mozas e mozos de Lugo, e a súa inclusión na vida cultural”, indicou Felipe Rivas.

O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, que terán tres premios cada unha. Cada unha das gañadoras recibirá un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. O acto de entrega terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro luns, 3 de febreiro.

Na categoría de 12 a 14 anos, a gañadora, que recibe un premio valorado en 200€, foi Rosalía Bernárdez, do IES Leiras Pulpeiro, seguida de Samuel Viño, do Colexio Divino Maestro, con 100€ de premio e de Mencía Álvarez, do IES Lucus Augusti, que recibirá un premio de 70€. Na categoría de 15 a 18 anos, María Pombo, do IES Xograr Afonso Gómez, recibe o maior premio, valorado en 250€, seguida de Paula Pardo, do IES Ánxel Fole, con 130€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com