O Concello de Lugo vén de anunciar que remitiron á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto para acondicionar a vía de Castelo de Arriba, na parroquia de Castelo.
“Ao coincidir un tramo desta vía co percorrido do Camiño Primitivo, debemos obter a autorización de Patrimonio para poder intervir nesta rúa”, indicou o edil titular da área de Infraestruturas Urbanas.
“Esta rúa é usada a diario por moitas persoas para chegar ao HULA, ademais de polas veciñas e veciños da zona”, indicou o concelleiro, que engadiu que “unha vez Patrimonio autorice a actuación comezaremos o proceso de adxudicación”.
O edil sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, que agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.