Víctor Lugonovo – Adega

Lugonovo presenta as súas bases medioambientais

Candidatos de Lugonovo presentaron esta tarde o programa de Medio Ambiente, no local de ADEGA. No transcurso do mesmo foise desmenuzando punto por punto  as aportacións das distintas alternativas que propón Lugonovo.

O Río Miño e as zonas verdes foron os temas onde se produciu máis debate. Entre as propostas cabe suliñar:

Ampliación de zonas verdes nas prazas públicas.

Recuperación de solares abandonados mediante a figura da ” custodia”

Realizar melloras no Parque Rosalía mantendo a súa estrutura e valor arquitectónico

Favorecer de uso público as augas termais do Balneario

Catalogación dos bens naturais e etnográficos para a súa protección.

 

Os membros de ADEGA propuxeronlle aos integrantes de Lugonovo unha serie de obxetivos que consideraron de grande importancia, como son:

A paralización do proxecto da rolda Oeste-Este, asi como a rolda que unirá o Hula coa rotonda do fondo da Avda. Madrid, por ser ambas as dúas innecesarias e de gran impacto ambiental.

Houbo coincidencia de criterios na creación dun carril bici Norte-Sur, tal e  como propón Lugonovo aproveitando para elo as posibilidades que ofrece a Avda Duquesa de Lugo e o paseo do Rato.

Outro dos puntos que se estudiou foi a potenciación e promoción que o Concello de Lugo debe liderar para a recuperación do Camiño Primitivo, que se atopa nestes intres absolutamente abandonado.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com