O Concello realiza novos mantementos no Aparcadoiro Municipal do HULA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo visitou hoxe xunto con persoal municipal o Aparcadoiro Municipal do HULA, onde durante os pasados días se realizaron actuacións de mantemento. “Debido ao material utilizado, os aparcadoiros realizados con este tipo de materiais requiren de mantementos periódicos“, indicou Alexandre Penas.

“Dende a área de Mobilidade realizaremos os mantementos precisos para que este aparcadoiro municipal esté nas mellores condicións posíbeis”, afirmou o edil de Infraestruturas, que engadiu “coa actuación realizada no ano 2019, reduciuse o tamaño das fochancas, que antes incluso chegaban a producir que os vehículos quedaran atrapados”.

“O ideal sería poder usar material asfáltico, mais dada a clasificación urbanística do terreo, esta é a mellor das solucións”, indicou o edil, que engadiu “noutras cidades existen aparcadoiros deste tipo, como son os existentes en terreos afectados pola protección de costas, os cales levan anos funcionando co mantemento correspondente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com