A Xunta volverá a iluminar en verde o adarve da Muralla polo Día da loita contra o cancro

A Xunta de Galicia volverá a iluminar de cor verde o paseo do adarve da Muralla a partir das 20.30 horas do vindeiro luns e durante todo o martes 4 de febreiro, en conmemoración do Día mundial contra o cancro.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que este acto simbólico, busca sumarse á campaña de concienciación en torno a esta efeméride, que entre outras actuacións propón tinxir de verde -a cor da esperanza-  monumentos e espazos emblemáticos das distintas cidades e vilas de España.

A Xunta colabora nesta iniciativa e tamén noutras organizadas pola directiva da asociación en Lugo, que preside Mariluz Abella, e que inclúe outras distintas actividades informativas e de sensibilización entorno a esta enfermidade e os medios para combatela.

Xunta e AECC convidan aos lucenses a achegarse o luns 3 de febreiro ata a rampla de acceso ao adarve, desde a porta de Santiago, para participar no acto de presentación do acendido oficial desta iluminación simbólica.

Por outra banda, lembran que aínda é posible inscribirse na segunda edición da milla e da andaina contra o cancro en Lugo que organiza este colectivo e que se celebrará o próximo 8 de febreiro a partir das 19.00 horas. Todo o recadado nesta proba (categorías absolutas, non profesionais, marcha para os máis pequenos e dorsal 0, para os que queiran colaborar pero non podan asistir) estará destinado á loita contra o cancro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com