BNG Monferte Roteiro

O BNG de Monforte reivindica a posta en valor da muralla medieval da localidade

Mais de cen persoas participaron onte no roteiro arqueolóxico arredor da muralla medieval, organizado polo BNG de Monforte para conmemorar o 135 aniversario da concesión a Monforte do título de cidade.

Os asistentes seguiron as explicacións da guía oficial Rosana Prieto Florines e do arqueólogo Iván Álvarez Merayo, quen detallou sobre o terreo os elementos arquitectónicos que informan sobre a historia da fortificación e sobre a configuración do antigo burgo medieval. “Explicamos a estrutura da muralla desde unha perspectiva arqueolóxica, reparando en detalles que a xente, sen unha formación ou interese específico, non é quen de ver”, sinalou o arqueólogo.

A muralla segue a ser un patrimonio pouco coñecido, tanto desde o punto de vista científico como turístico”, valorou Iván Álvarez. “Temos unha muralla de 800 metros totalmente desaproveitados, perdidos, cun aspecto bastante ruinoso”, explicou o arqueólogo tralo percorrido.

As últimas actuacións na contorna da muralla realizáronse durante a etapa de goberno nacionalista en Monforte, cando se desenvolveu unha limpeza integral dos restos da fortificación e se puxo en marcha un Plan Director da Muralla, logo abandonado.

A posta en valor da muralla, unida a outros elementos patrimoniais cos que contamos, contribuiría a dar vida ao conxunto histórico e a levantar turísticamente a cidade. Sería un recurso máis para sumar na candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade”, concluíu Iván Álvarez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com